Sangue 12 na Feira do Libro de Vigo

O vindeiro sábado 24 ás 20 h. na Feira do Libro de Vigo, preséntase a miña novela Sangue 12, publicada por Urco Editora no selo Alcaian. Estaremos o editor David Cortizo e máis eu, e todxs xs que queirades achegarvos aló malia así amosar un sospeitoso desinterese polo fúrbol.

Sangue 12 é unha fábula vampírica que conxuga fíos de feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado transo adolescente da protagonista, unha rapaza que asume os propios devezos e constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais.

Os séculos XIX e XXI, coa primeira revolución industrial e o ciber-arestora, únense neste texto de feitura ‘bizarra’, dacabalo entre Galicia e Inglaterra, onde se mestura o real e o fantástico, onde o soño da razón produce monstros.

Anímate a meterlle o dente!

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio
www.000webhost.com