Por que adoro o e-mail

Epílogo de conciencia

Ola Cris!

Son Pepe (Psychedelic Executable Program Experience). Acabo de rematar
a lectura (sic) de Limiar de Conciencia. Moitas grazas por este
fantástico trip de ficción especulativa! Foi unha aventura gozosa e
toda unha descuberta, un gran libro, excepcional, un auténtico tour de
force e alégrome de que o fixeras ti. Mais, para que non teñas dúbida
de que isto non é unha recensión automática, fun abrir o baúl dos
recordos para enviarche unha proba gráfica do xérmolo das túas
especulacións semióticas e lingüísticas. Hai 33 anos que o publicaches
naquela revistiña que faciamos catro fedellos en Compostela. Tróuxome
lembranzas daqueles días en que a vosa casa do Pexego era un refuxio
marabilloso e […cousas xa máis persoais…]
Unha aperta moi grande e non deixes de escribir con esa curiosidade
esclarecida e ese humor. Parabéns, seguirei atento ao que fas e oxalá
poidamos encontrarnos. Bicos!

Respondo felis:

Pepe, I love you.

Non sabes o alegrón que me das. Polas gabanzas (teño en moito o teu criterio) e polas lembranzas (un dos mellores anos da miña vida, aquel do Pexigo). (e non a chames revistiña, que era estupenda :)

Oxalá que si, que nos encontremos. Tan lonxe non vivimos, ho! 
Bicos máis!
Así contactamos, sen facebook, que como logo souben non gastamos ningún dos dous :DDD
A revista era a Favorita. Revistaza, naqueles tempos.