Longas sombras na pedra

Urco Editora e o Consorcio de Santiago veñen de publicar Longas sombras na pedra, de varixs autorxs: María Alonso, David Botana, Héctor Cajaraville, eu e Mariña Pérez Rei.

Longas sombras na pedra xorde como unha alternativa á historia da cidade de Santiago de Compostela, un relato oficial xa de por si alizercado na lenda.

A lexitimidade á hora de recrear a histora da cidade vén dada pola súa orixe entre o literario e o fantasioso, o que permite unhas licenzas que talvez na abordaxe da historia doutra cidade non terían cabida. Esa é a proposta de partida deste volume: achegar unha nova visión arredor do nacemento de Compostela como urbe, sempre cun puso de misterio e de enigma.

Cada un dos nove relatos do libro está situado nun momento da historia da cidade, coa intención de abranguer desde o período en que a cidade nin sequera existía até a súa época contemporánea. Entremedias, episodios tan sobranceiros como o achado do sepulcro do Apóstolo, a Inquisició ou a presenza da masonería na cidade.”

Meus son os relatos ‘Tintín e o misterio da cripta do apóstolo‘ e ‘Desilustrisima‘.

E aquí a recomendación da libraría Couceiro @LibrariCouceiro  Obrigadxs!

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio
www.000webhost.com